O ENSINO
Situación actual e perspectivas de futuro
- No Salón de Actos do Instituto Sánchez Cantón de Pontevedra celebrouse o venres 26 de abril un coloquio sobre “O ensino: situación actual e perspectivas de futuro”. Contou coa participación do alumnado de 4º de ESO e 1º e 2º de Bacharelato, que seguiu con evidente interese as diversas exposicións e tamén fixo algunha intervención, Rematou con diversas reflexións por parte do profesorado e tamén do alumnado.
- O acto foi organizado polo Grupo de Normalización Lingüística do Instituto e formaron parte da mesa de coloquio os profesores Carmen Tallón, Margariña Valderrama e Jacobo Nespereira, xunto cos alumnos María Bará, Mariño Fernández e Diego Bará. Actuou como moderador deste debate aberto sobre o ensino, en nome do Grupo de Normalización Lingüística do centro, o alumno Carlos Pérez.