Microespazo MUPEGA
no vestíbulo do Sánchez Cantón
Acollemos dende o luns 21 de outubro este Microespazo cedido polo MUPEGA.
Con esta exposición queremos por en valor o Día do Ensino que se celebra o venres 31 de outubro. Pretendemos que o noso alumnado reflexione sobre as características das aulas nas que estudaron os seus maiores
Este tipo de aula de aula prevaleceu máis tempo no ámbito rural que nas zonas urbanas onde a chegada da EXB obrigou a unha incipiente renovación do mobiliario.
Agradecemos a labor de mantemento, restauración e conservación realizada polo personal do MUPEGA e especialmente a Beatriz Seco pola súa labor de colaboración co centro nesta e outras exposicións desenvolvidas no IES Sánchez Canton con anterioridade especialmente a que reseñamos a continuación sobre a Pedagoxía intuitiva e a restauración de láminas educativas coa colaboración do Departamento de Plástica.

QUERES BOTAR UNHA OLLADA AO PASADO DO NOSO CENTRO?


SABÍAS QUE?
- No ano 1957 o Instituto de Pontevedra foi proclamado Campión Nacional de Ximnasia Educativa. De volta a Pontevedra celebrouse o Festival Ximnástico como homenaxe aos alumnos que acadaron tan prezado galardón. Os trofeos pódense contemplar nas vitrinas do IES Sánchez Cantón.
