PABLO CACHEDA COMENTARIOS I
ALUMNAD0 2ºD COMENTAN A VISITA DE PABLO
PREME PARA VOLTAR
OLALLA
Ola Pablo! Para comezar gustaríame agradecerche a túa visita ó noso instituto para comentarnos o teu interesante proxecto realizado anteriormente. Ademais de resolver as dúbidas sobre este, tamén aprendimos algo sobre o mundo do arte dramático e do relacionado coa produción e dirección de proxectos propios. Pareceume unha boa idea explicarnos un pouco de que vai este mundo, xa que moitos de nós, ó mellor, teñen pensado facer algo semellante. Non é o meu caso posto que nunca me chamou a atención este aspecto, porén realmente gocei coa charla.
Por outra banda felicitarte polo teu proxecto de web serie xa que é impresionante. Nunca antes vira unha serie destas condicións até agora e realmente quedei asombrada. Unha idea moi orixinal e interesante coa que podes aprender sobre aspectos da vida cotiá, que realmente é o que nos fai falla a todos, e podes divertirte moito coas diferentes escenas plantexadas. Na miña opinión penso que é unha gran serie que pode levarse á televisión, ademáis os actores e actrices son excepcionais e aprendes deles. Desexo que salga pronto a segunda temporada. O tema é verdadeiramente incríble, xa que é moi realista e á vez gracioso e entretido. Penso que esas clases do social deberían substituírse por algunhas asignaturas tediosas que temos en segundo de bacharelato.
En canto o teu pequeno traballo de cando ías en cuarto da ESO dicirche que é moi bo. Divertínme moito con el, estaba moi ben feito para aqueles anos nos que aínda non estaba moi desenvolvido o tema das tecnoloxías, mais supiches realizalo cos métodos cos que dispoñías. Felicítoche por el tamén.
Un saúdo Pablo e espero que che vaia moi ben co teu interesante proxecto e deséxote moita sorte coa segunda temporada e con todas as que veñan, que de seguro han de ser moitas.
SARA
Bo día Pablo. En primeiro lugar gustaríame felicititarte polo teu traballo en xeral, e agradecerche que viñeras antonte para falarnos do que fas e explicarnos as posibilidades e as saídas que ten o teu traballo, xa que estamos nun momento moi decisivo nas nosas vidas no que precisamos de diferentes ideas sobre carreiras ou ciclos que podamos facer. Pareceume que a charla que nos diches fai dous días, foi bastante útil xa que a min, persoalmente, abriume outra posibilidade sobre o que quero facer, xa que me pareceu moi interesante e agora é unha idea que non descarto. A verdade é que non sería a primeira vez que fago un corto ou escribo unha historia, e ao ser algo que me gusta, penso que non estaría mal adicarme a iso, aínda que non o teño claro ao cen por cen.
En referencia aos capítulos das Clases do Social, paréceme unha boa idea xa que, ademais de ter un punto cómico que fai rir, está moi ben que amose o comportamento e que debemos levar nalgunhas situacións concretas da nosa vida, sen deixar de entreter en ningún momento.
Con respecto ao corto que fixeches en cuarto cos teus compañeiros, podo dicir que acordoume en parte ao corto que fixen eu, xa que tamén foi en 4º, aínda que teño que recoñecer que o meu tivo mellores resultados; e recordo que foi unha experiencia que me gustou moito e me pareceu moi divertida aínda que tivemos que pasar moito traballo á hora de montar o vídeo. A verdade, é que o que máis me gustou dese corto que nos ensinou Anxo, foron os finais alternativos, xa que me pareceu unha idea moi orixinal, en especial o final "friki", co que me rei demasiado.
Por último, gustaríame desexarte que teñas moita sorte con todos os proxectos que leves a cabo no futuro e que sigas adiante.
NATALIA M.
Boas de novo, Pablo! Quería dicirche que me gustou moito a charla do pasado martes, sobre todo polo feito de ter a un ex-alumno do meu instituto e ver que a día de hoxe, que é moi complicado encontrar traballo para a xuventude e ademais na área na que ti traballas, está facendo o que el quere e que aparentemente está saíndo moi ben. De seguro que non é o único que quererás conseguir no teu futuro, pero sen dúbida é un moi bo comezo para os teus... ¿24, 25 anos?
Outro tema que tamén apreciei foi falar dos diferentes oficios e cargos que se necesitan para gravar unha película, unha serie, un corto, una WEBSERIE... A razón de isto, como ti ben dixeches, é que moitas veces olvidámonos da cantidade de traballo necesario para logo apenas uns minutos de rodaxe, e que non valoramos o suficiente estes oficios. Outro exemplo do que non falamos debido a causas obvias, son os actores de dobraxe das películas estranxeiras, pois é outra parte á que non lle damos importancia apenas é aínda que non teño coñecementos nesta área, coido que é unha das cousas máis importantes dun film: a voz.
Algo que tamén me sorprendeu foi cando falaches de que no facía facer unha carreira na universidade para facer o que estás facendo, xa que na sociedade a miúdo os ciclos atópanse algo desprestixiados pola estupidez, perdón pola expresión, da sociedade de etiquetar a xente en función de onde estuden. Eu opino que o que máis importa nunha carreira profesional non é a cantidade de conceptos que te memorices, senón o empeño e o gusto que ti poñas nun traballo por aprender, mellorar e aplicar os teus coñecementos dunha forma intelixente.
Aínda que serán algunhas preguntas típicas, ¿tes algunha meta ou algún obxectivo que te gustaría alcanzar na túa carreira? ¿sabías xa desde máis novo que te querías dedicar exactamente a isto? ou se non, ¿cando o descubriches exactamente?
Tamén creo que estaría ben felicitarte polo teu traballo na webserie, pois creo que elexiches un tema orixinal e interesante, pero ademais todos os socesos ocorren cun ton cómico que fai que sexa imposible non esbozar un sorriso en cada un dos capítulos. Ademais, creo que é interesante a mezcla de reparto, pois conviven actores de prestixio como Carlos Blanco Vila, con alumnos de verdade que non teñen experiencia actoral.
Aínda que te preguntase se xa de novo sabías se te querías dedicar a isto, algunha idea me podo facer grazas ao vídeo que fixeches cos teus compañeiros en 4º da ESO do que nos falaches ti na charla e que máis tarde puidemos ver na aula. Agora mesmo calquera pode conseguir unha cámara máis ou menos boa que gravar unha especie de corto, pero supoño que uns anos atrás era algo máis complicado, ao igual que conseguir un programa de edición decente. Non obstante, cun ton desenfadado, lográchedes facer un vídeo que nos fixera rir moito, sobre todo co "final friki" e as tomas falsas.
Xa rematando, quero desexarche moitísima sorte no futuro e espero que sexa posible para ti alcanzar todos os teus soños e obxetivos, sobre todo neste momento tan difícil para nós os novos, e que sen aportacións como a túa estaríamos perdidos no noso monótono día a día. Ata a próxima!
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014