VISITAMOS
ESCOLA SUPERIOR DE RESTAURACIÓN E fACULTADE DE BELAS ARTES
O ALUMNADO DE 4º ESO PASOU UNHA MAÑÁ BEN INTERESANTE
- Moi instructiva a visita a Facultade de Belas Artes e a non menos interesante Escola Superior de Restauración.
- Parécenos case imprescindible que dende os centros de Secundaria facilitemos ó noso alumnado a posibilidade de visitar e coñecer dun xeito directo e presencial as diferentes opcións de formación que existen na nosa cidade. Así, esta visita resultou unha oportunidade única para coñecer de primeira man estes espazos tan especiais e contactar cos profesionais que os xestionan e que, en todo momento, foron uns guías excelentes que nos agasallaron cunha mañá chea de sorpresas e información.
- Queremos agradecer moi especialmente a todas as persoas que nos atenderon tan xenerosamente ao longo da nosa visita aos diferentes talleres, aulas, estudos e salas de exposicións.
- Seguro que algúns dos nosos alumnos e alumnas consideran moi seriamente a posibilidade de continuar os seus estudos tendo en conta estas dúas posibilidades certamente interesantes.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014
FACULTADE DE BELAS ARTES
"Trátase dunha carreira encadrada na rama de Artes e Humanidades. O seu obxectivo é a formación, a través da creación artística e a súa análise, de profesionais capaces de identificar, entender e desenvolver os problemas e os procesos da arte, favorecendo a reflexión e a integración da creación artística no contexto sociocultural contemporáneo. A formación que ofrece está baseada na concepción da arte como unha forma de coñecemento, integrando a práctica e a teoría nun saber facer capaz de transmitir experiencias e contidos que inciden na produción de novos coñecementos..."
Máis info
Máis info
ESCOLA SUPERIOR DE RESTAURACIÓN
"O Perfil do graduado en conservación e restauración de bens culturais é o de “técnico cualificado para analizar e diagnosticar o estado de conservación de bens culturais, definir, planificar e levar a cabo estratexias, plans e tratamentos de conservación-restauración e redactar e dirixir proxectos de conservación-restauración” (real decreto 635/2010 de 14 de maio)
A escola pretende non só impartir unha ensinanza de calidade, senón abrir ó alumnado as portas do mercado profesional, mediante prácticas de traballo ó longo do mundo
a institución persegue converterse nun referente para a disciplina da conservación, tanto a nivel docente como investigador..."
Máis info
...e non podían faltar as imaxes da nosa visita
VISITA RESTAURACIN BELAS ARTES