Visita do profesor Basterrechea

A pintura de Genaro Pérez Villaamil

Na biblioteca

Suso Basterrechea é pintor e profesor de Debuxo no IES Concepción Arenal e visitounos este xoves para falarnos da pintura de Genaro Pérez Villaamil.

A visita tivo lugar na biblioteca, coa exposición de cadros de Villaamil, Sotomayor, Camilo Díaz Baliño, Máximo Ramos, Bello Piñeiro, Imeldo Corral e Segura Torrella.

Para saber máis de Basterrechea

Big image

Vida e obra do pintor Genaro Pérez Villaamil

O profesor falounos da vida do autor, das súas ideas políticas e intereses culturais.

Da súa participación na guerra do lado dos liberáis, durante o reinado de Fernando VII e da súa cautividade en Cádiz.

Big image

Da súa amizade con David Roberts, pintor escocés.

Foi este o que lle deu a coñecer a paisaxe romántica británica.

Xuntos viaxaron na procura de edificios singulares e paisaxes.

Imaxen: http://www.albion-prints.com/david-roberts-holy-land-1846-folio-1st-view-of-luxor-egypt-16421-p.asp. Holy Land. (1846). Vista de Luxor, Exipto.

Big image

Da pintura de Constable

Constable foi un dos máis afamados paisaxistas ingléses.

Imaxen: Esclusa e muíño en Dedham". http://pepe-pinturamadrid-pepe.blogspot.com.es/2012/11/john-constable-esclusa-y-molino-en.html

De William Turner

Xunto con Constable, foi un dos pintores máis representativos da pintura romántica inglesa.

Imaxen: http://latimesblogs.latimes.com/culturemonster/2011/02/getty-jmw-turner-masterpiece.html. "Modern Rome – Campo Vaccino" by J.M.W. Turner. Credit: Sotheby's.

Big image

E das características que podíamos apreciar na pintura romántica

O profesor enumerou algunhas características propias da pintura romántica, tales como:

As atmósferas irreais das paisaxes; o gusto polo exótico; a esaxeración nos tamaños; a introdución de persoaxes prototipo nas súas escenas; afición ás viaxes para coñecer lugares e edificios singualres; distorsión da realidade para convertila en algo místico ou misterioso, etc.

Big image

Fixéronse preguntas

Que o profesor aclarou abondantemente.
Big image

Agora toca seguir traballando no proxecto!

Big image

Agradecementos

Agradecemos a colaboración desinteresada de Suso Basterrechea e aproveitamos este espazo para darlle as grazas públicamente.

Imaxe: http://susobasterrechea1.blogspot.com.es