Escola para todas as xeracións!

Proxecto de educación interxeracional

Comparta a escola cos nenos e nenas.

As persoas maiores forman unha parte moi importante na vida das criaturas xa que en moitos casos comparten con elas tempos de coidado, aprendizaxe, xogo e diversión. O noso centro CEIP "Barrié de la Maza" pretende mediante este proxecto romper barreiras entre xeracións e fomentar as relacións entre nenos, nenas e maiores a través de diversas actividades de ocio e aprendizaxe.

Reunión o luns 12 de xaneiro ás 18h no salón de actos

Esta reunión realizarase co obxectivo de achegar o proxecto ás familias e aos maiores que están habitualmente en contacto coas nosas alumnas e alumnos.

Contamos coa vosa participación e ideas!