MANS PARA AS AVES MIGRATORIAS
Luz Darriba & Muralla Viva
PRECISAMOS MANS VOLUNTARIAS PARA INSTALACIÓN ARTÍSTICA ARREDOR DA MURALLA
As aves migratorias percorren enormes distancias ao longo das súas rutas, as veces incluso deceas de miles de kilómetros. Este ano, o eslogan do Día Mundial das Aves Migratorias ”creando redes para a conservación das aves migratorias” invítanos, as institucións e as persoas de todo o mundo que estamos conectadas por estas aves, a traballar xuntas para a conservación dos espazos de parada das diferentes especies de paxaros. Estes sitios actúan coma áreas de descanso nas súas longas viaxes e son importantes para permitirlles recuperar forzas, alimentarse, reproducirse ou pasar o inverno Moitos destes sitios dos que as aves dependen están ameazados por actividades humanas que, directa ou indirectamente, contribúen á degradación e a destrucción dos hábitats. Algúns destes hábitats teñen sido destruídos
MANS PARA AS AVES MIGRATORIAS
Friday, May 24, 2013, 10:00 AM
Porta de San Pedro, Lugo, Spain
ACTIVIDADES
- 11:00 COMEZO DA DISTRIBUCIÓN DE INFORMACIÓN NA RÚA E RECOLLIDA DE SINATURAS pola conservación eco-sostible da Muralla de Lugo.
- 12:00 ata as 20:00 ÁBRESE O EVENTO Á PARTICIPACIÓN DA CIDADANÍA QUE SE QUERA EXPRESAR DE XEITO ARTÍSTICO OU CREATIVO NESTE DÍA mostrando o seu apoio á coservación dos hábitats e espazos de parada dos paxaros.
-20:00 ACTIVIDADE DE AVISTAMENTO DE AVES DENDE A MURALLA DIRIXIDA POLA SOCIEDADE GALEGA DE ORNITOLOXÍA. As oito, dende a subida á Muralla diante da Catedral.
-22:00 DESMANTELAMENTO DA INSTALACIÓN AO REDOR DA MURALLA.
AS PERSOAS VOLUNTARIAS PODEN UNIRSE NO HORARIO QUE MÁIS LLES CONVEÑA: CONTACTADE CONNOSCO NO EMAIL: fitocromos@gmail.com ou no FB https://www.facebook.com/respetamos.muralladelugo
Cirrio, Apus apus.
Cirrio entrando no seu niño na Muralla
FOTO: JUAN VILLARINO
Para voar precisan lanzarse dende as alturas
os seus pequenísimos pés lles valeron o nome en latín de "Apus" que quere dicir "sen pés". Son as aves máis adaptadas ao voo e non se pousan xamáis se non é para se reproduciren. Tamen durmen voando a elevadas altitudes.