MERCADO DE PROXIMIDADE
VISITAMOS O MERCADO DE ABASTOS DE PONTEVEDRA
Xustificación da actividade
Hoxe en día a proliferación de hipermercados e grandes superficies comerciais relegan moitas veces a unha posición secundaria ao chamado mercado tradicional, ou mercado de proximidade. Estes espazos convértense en ambentes descoñecidos para moitos sectores da nosa sociedade, sobre todo os máis xóvenes.
Esta é a razón pola que desde o centro queremos mostrar ao noso alumnado como se desenvolve o mercado local de Pontevedra nas primeiras horas da madrugada, tendo a oportunidade de contemplar actividades como a puxa do pescado.
É tamén unha oportunidade para charlar coas persoas responsables das bancadas, coñecer a distribución e instalacións do mercado mesmo as que non son accesibles ao público como as cámaras de frio para os diferentes produtos.
O alumnado é tamén informado dos diferentes e complexos procesos necesarios para que os alimentos cheguen aos nosos fogares e tamén dos protocolos de control sanitario.
Obxectivos da actividade:
-
Coñecer o desenvolvemento do mercado local
-
Educar en hábitos de consumo responsable
-
Fomentar a curiosidade
-
Desenvolver diferentes habilidades sociais (escoita, respecto....).
- Reflexionar sobre as implicacións dos hábitos de compra e as súas múltiples consecuencias
- Reflexionar sobre a importancia da alimentación como feito cultural.
Actividade organizada dentro da materia de: Atención Educativa e a biblioteca escolar do centro
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA