PABLO CACHEDA COMENTARIOS III
ALUMNAD0 2ºE COMENTAN A VISITA DE PABLO
PREME PARA VOLTAR
GRUPO III
- A web serie dirixida por Pablo Cacheda; “Unhas clases do social a tempo” pareceume unha forma interesante de mostrar a sociedade, sobre todo ao público máis mozo, como comportárense ante situacións cotiás da vida que, aínda que poidan parecer sinxelas, traen máis dun crebacabezas a calquera.
- Nun ton ameno e cómico, se nos amosa perfectamente as diferentes forma de actuar, das que podes estar dacordoou non, pero que, nun caso de apuro, funcionan. En canto a presentación de onte, tamén gustoume moito, Pablo Cacheda, é un tipo excepcional, modesto e simpático que nos ensinou moi ben como funciona unha rodaxe por dentro e como chegar ao “mundillo do cine”.
- Sen dúbida, foi unha gran oportunidade para coñecer máis de preto, como funciona o cine e o mundo da intepretación.
A web serie é moi entretida. É unha idea novidosa e orixinal. A plataforma na que se emite é moi sinxela de acceder, polo que a súa difusión debería ser óptima. Para nós fáltalle un toque de humor, xa que as veces faise aburrida.
Penso que todos agradecemos a súa visita, foi moi instructiva e coido que debe seguir facendo máis temporadas da webserie.
No tocante a presentación exposta polo director, gustounos bastante. Estivo moi ben e permitíunos coñecer máis cousas sobre as rodaxes ata o de agora descoñecidas. Faltou un pouco máis de tempo no que poder facer preguntas que el por si mismo non comentou, como por exemplo a financiación. Tamén o feito de que nos amosase as carreiras ou ciclos para acceder aos postos que se desenvolven na rodaxe foi interesante.
Este tipo de exposicións parécenme moi entretidas xa que tratamos con xente xove e empremdedora , que nos motiva a adicarnos a certas carreiras algo infravaloradas e aproveitan moi ben os seus coñecementos para transmitirnos como chegar ate onde están .
- Pablo Cacheda fixo un charla moi amena e interesoume moito , debido a que dende sempre tiven moito gusto por este tipo de traballos audiovisuais e gustoume a súa forma cercana de falar con nós e a explicación da estrutura do equipo na rodaxe .
- “Clases de lo social” é unha curta innovadora que plasma de forma cómica situacións nas que nos atopamos as veces , en especial en parella . Gústame a luminosidade da imaxe e a forma na que actúan os personaxes e dan unha boa imaxe da vila de Pontevedra, que está infravalorada cinematográficamente.
Pablo Cacheda paréceme un gran profesional, con grandes obxetivos. A pesar da súa corta idade, ten unha gran capacidade de innovación e sobre todo con moitas ganas. Nótase que ten unha gran formación profesional moi preparada pero o que máis captei é que realmente disfruta do que fai, que esta é a súa vocación e que este é o oficio ao que quere dedicarse, por iso supoño que fai tan ben o que fai. Creo que fixo unha exposición moi fluída , con moita tranquilidade, na que se vía que realmente sabía falar con xente xove e iso vaille facilitar moitos camiños. Foi moi útil para aquelas persoas que queremos dedicarnos ao mundo audiovisual e realmente nos interesa.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014