Samaín e Halloween
Dúas celebracións semellantes, pero diferentes
Halloween
Unha festa para disfrazarse, decorar as clases e saír á rúa a pasalo ben e a dar sustos. Porén, esta festa sufriu moitos cambios ata chegar aos nosos días, ¿queres saber cales?:
1. O seu nome provén da expresión inglesa All Hallows’ Eve, aínda que os celtas xa o celebraban baixo o nome de Samhaim. Para eles representaba a fin da época de colleita e o comezo do ano novo.
2. En 1840 a festa chegou a USA e o máis común era utilizar nabos para espantar os espíritus das casas. Non obstante, decidiron usar cabazas por ser a hortaliza máis abundante deste país.
3. O famoso Trick-or-Treat (Trato ou Truco) só o facían os pobres e en vez de recibir caramelos obtiñan Soul Cakes, un tipo de pan doce. A cambio eles debían rezar unha oración polos falecidos nese fogar.
¡Feliz Halloween!
Samaín
Samaín, palabra gaélica, non significa máis que fin do verán, principio do inverno. Na antiga cultura céltica o tempo de Samaín, especialmente a noite do 31 de outubro ao 1 e novembro, era o período máis importante do ano. Eran datas claves para se reunir nos camposantos, comer o ritual e comunal porco de samaín e concelebrar as farradas festeiras dos guerreiros. Era a noite máis perigosa do ano: as portas do outromundo abríanse nesas horas e as ánimas eran quen de vir visitar este mundo e aos seus moradores tantas veces para render contas inacabadas.
Para afastar dos seus castros as perigosas ánimas defuntas e errantes adoitaban poñer no alto das muradas, ou encastradas nas paredes, as caveiras iluminadas dos inimigos mortos en campaña. De aquí, dos ritos e crenzas célticas ao redor da caveira, vén a tradición europea de facer caliveras na cortiza dos melóns, ou cabazos, ou calabazotes. Tradición que, grazas ás investigacións do profesor galego Lopez Loureiro, sabemos que se estende por toda a antiga xeografía céltica europea e concretamente para o caso de España, por todas as zonas con presencia do elemento céltico ben documentado. En Galiza atopámola en toda a súa xeografía, non faltando esta tradición en ningunha das súas bisbarras e aportando un folclore similar aínda que dándolles nomes diferentes: calacús polas Rías Baixas, caveiras de melón en Cedeira, calabazotes en Ortigueira, colondros en Ourense...etc.