O REPERTORIO LINGÜÍSTICO
Na didáctica das linguas
Definición
O repertorio lingüístico pode referirse a:
1. O conxunto de recursos e variedades lingüísticas que posúe unha persoa na Lingua Estranxeira que está aprendendo.
2. As diversas linguas nas que é capaz de comunicarse tanto na aula coma fóra dela.
Está composto por: fonemas, palabras, construcións, variantes, variedades lingüísticas, etc.
Metaforicamente adoita compararse cun armario onde temos diferentes pezas de roupa que empregaremos segundo a situación ou o contexto ao que acudamos.
Máis datos de interese
No repertorio lingüístico dunha persoa pode haber palabras doutras linguas, coma os estranxeirismos que podemos ter nunha lingua coma o galego (parking, croissant, etc.)
Canto maior sexa o noso repertorio lingüístico máis mobilidade poderemos ter.
Nós, como futuros docentes de linguas estranxeiras, deberemos fixarnos como obxectivo fornecer o repertorio lingüístico dos nosos alumnos
Outros conceptos básicos relacionados co repertorio lingüístico
- Comunidade lingüística: refírese ao grupo de persoas que comparten un mesmo repertorio lingüístico. Por exemplo: na nosa comunidade galega temos unha comunidade lingüística que comparte dúas linguas: galego e español.
- Comunidade de lingua: é a comunidade de falantes que comparten coñecemento e uso dunha mesma lingua ou comunidade lingüística. Por exemplo: en Galicia falamos a mesma variedade de galego pero en cada zona preséntanse diferentes trazos dialectais; ou tamén no caso dos países francófonos, cada país/rexión comparte unha mesma lingua, o francés, pero en cada un dos lugares presenta características propias que a diferenza das demais variedades.