Maupassant
O profesor José Manuel Ramos, todo un experto.
O NATURALISMO FRANCÉS E GUY DE MAUPASSANT
O xoves 23 de xaneiro o alumnado de Literatura universal de 2º BACH asistiu a unha interesante conferencia na Biblioteca sobre o Naturalismo francés e Guy de Maupassant impartida por Jose Manuel Ramos.
Este profesor de matemáticas no IES A Xunqueira I é un gran afeccionado á literatura francesa do século XIX. Durante anos estudou a Guy de Maupassant e elaborou o sitio web en castelán máis completo que sobre este escritor poida atoparse en internet. É autor de varios artigos, traducións e libros como La incógnita Maupassant. A súa última tradución publicada sobre Catulle Mendès, contemporáneo de Maupassant, titulada Monstruos parisinos, foi recibida con gran éxito. (Ver Babelia do 26-01-2014).
Tivemos unha oportunidade única de achegarnos ó mundo decimonónico francés a través de fotografías, cancións e anécdotas desta época.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014