A FAVOR OU EN CONTRA
PASAMOS Á SEGUINTE FASE!
O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este sábado 2 de febreiro a IV edición do Club de Debate do Concello de Pontevedra. O Club de Debate é un programa que organiza a Concellaría de Normalización Lingüística para promover o uso da lingua galega entre a mocidade.
Nesta edición os equipos participantes foron os seguintes:
IES A Xunqueira I
IES Luís Seoane
IES Torrente Ballester
IES Sánchez CantónColexio Salvador Moreno
IES Ponte Caldelas
IES de PoioIES Sánchez Cantón
Os participantes debateron sobre “O Estado ten que garantirlle o acceso ao traballo á mocidade”.- PASAN Á FASE FINAL OS CENTROS DO IES DE PONTE CALDELAS E DO IES SÁNCHEZ CANTÓN.
- Terá lugar o sábado, 23 de febreiro, a partir das 11.30 horas no Café Moderno. O gañador disputará a fase galega en Santiago de Compostela o vindeiro 4 de maio
e debatirá sobre “Temos liberdade para escoller en que lingua falamos”.
NON VOS PERDADES O VIDEO
Fonte PONTE. TV
O alumnado do IES Sánchez Cantón participante está composto por:
CARLOS PÉREZ MÍGUEZ
ÁLVARO MONTES CAMPOS
CLAUDIA GÓMEZ LÓPEZ
XOÁN GONZÁLEZ RAZQUIN
ANDRÉS CANDELÓN MOLINA
RUBÉN COVELO BUGALLO
DIEGO BARÁ LOURO
MARÍA BARÁ LOURO
ALBA VIDAL PAZOS
HELENA EGEA PIÑEIRO
ANTÓN POMBO GÓMEZ
Os preparadores deste equipo do IES Sánchez Cantón son os profesores Xosé Manuel Calvo e Xosé Luís Janeiro.
O equipo gañador pasa á final galega, que será o 4 de maio, en Santiago de Compostela.
Na organización traballan conxuntamente os servizos de normalización lingüística dos concellos participantes: Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo.