A FAVOR OU EN CONTRA

PASAMOS Á SEGUINTE FASE!

Debate concello Ponte4vedra I
  • O Pazo da Cultura de Pontevedra acolleu este sábado 2 de febreiro a IV edición do Club de Debate do Concello de Pontevedra. O Club de Debate é un programa que organiza a Concellaría de Normalización Lingüística para promover o uso da lingua galega entre a mocidade.


    Nesta edición os equipos participantes foron os seguintes:

    IES A Xunqueira I
    IES Luís Seoane
    IES Torrente Ballester
    IES Sánchez Cantón

    Colexio Salvador Moreno
    IES Ponte Caldelas
    IES de Poio

    IES Sánchez Cantón

    Os participantes debateron sobre “O Estado ten que garantirlle o acceso ao traballo á mocidade”.

  • PASAN Á FASE FINAL OS CENTROS DO IES DE PONTE CALDELAS E DO IES SÁNCHEZ CANTÓN.

  • Terá lugar o sábado, 23 de febreiro, a partir das 11.30 horas no Café Moderno. O gañador disputará a fase galega en Santiago de Compostela o vindeiro 4 de maio
    e debatirá sobre “Temos liberdade para escoller en que lingua falamos”.




NON VOS PERDADES O VIDEO

Fonte PONTE. TV



O alumnado do IES Sánchez Cantón participante está composto por:

CARLOS PÉREZ MÍGUEZ

ÁLVARO MONTES CAMPOS

CLAUDIA GÓMEZ LÓPEZ

XOÁN GONZÁLEZ RAZQUIN

ANDRÉS CANDELÓN MOLINA

RUBÉN COVELO BUGALLO

DIEGO BARÁ LOURO

MARÍA BARÁ LOURO

ALBA VIDAL PAZOS

HELENA EGEA PIÑEIRO

ANTÓN POMBO GÓMEZ

Os preparadores deste equipo do IES Sánchez Cantón son os profesores Xosé Manuel Calvo e Xosé Luís Janeiro.



O equipo gañador pasa á final galega, que será o 4 de maio, en Santiago de Compostela.

Na organización traballan conxuntamente os servizos de normalización lingüística dos concellos participantes: Ames, Carballo, Cee, Ferrol, Ourense, Pontevedra, Rois, Santiago de Compostela, Teo e Vigo.

FELICITAMOS AO ALUMNADO E PROFESORADO PARTICIPANTES NESTA INTERESANTE ACTIVIDADE POLO SEU MAGNÍFICO TRABALLO E ACTITUDE.



PARABÉNS E A PREPARAR A SEGUINTE FASE!

IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA