PABLO CACHEDA
VISITA O SÁNCHEZ CANTÓN
Pablo Cacheda de Paz, o director de Clases de lo social, estivo hoxe na Biblioteca do Sánchez Cantón. Pablo estudou no noso Instituto e antes de se poñer a gravar un novo capítulo da serie ofreceuse a compartir a experiencia co alumnado de Literatura Galega do S. XX de 2º de Bacharelato. Foi unha conversa moi didáctica e axeitada. Axudándose dunha presentación foi comentando cada un dos profesionais que interveñen na produción da serie, a súa función e o tipo de estudos que capacita para ese traballo. E rematou coa proxección dun vídeo comentado por el onde se vían estes profesionais traballando. Foi unha actividade moi interesante e que lle recomendamos a calquera centro escolar de ensino medio. Pablo Cacheda é un bo director, hoxe tamén demostrou que pode ser un bo docente. Quedámoslle moi agradecidos.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014
.
PABLO CACHEDA VISITA O IES SÁNCHEZ CANTÓN