Módulo piloto: falando e escoitando

Proxecto de Traballo Fin de Máster_ EOI Santiago Compostela

Big image

A m-Comunicación

A m-Comunicación preséntase como unha práctica social de produción e apropiación tecnolóxica desenvolvida a partir da difusión masiva de dispositivos móbiles multifuncionales de comunicación. O propio dispositivo móbil, ben sexa o smartphone ou a tablet/Ipad, videoconsola, etc. xenera o soporte da m-Comunicación.

De ser un dispositivo de comunicación one-to-one o teléfono adoptou novas formas xa experimentadas na web (one-to-many, many-to-many, etc.). Os dispositivos móbiles de terceira xeración integran diferentes modalidades de comunicación, dende as máis masivas e públicas (recepción televisiva) ata as máis personalizadas (intercambio de mensaxes). Entre ambas modalidades existe un amplo espectro de formas posibles de comunicación e intercambio que ningún outro dispositivo tecnolóxico ofrece de maneira integrada. En certa forma, a nova xeración de dispositivos móbiles está máis preto dos ordenadores portátiles que dos teléfonos tradicionales; por este motivo, tamén se lles podería considerar un metadispositivo o un metamedium, un concepto utilizado no seu momento por algúns investigadores para definir a web.

A modo de síntesis pódese dicir que a mComunicación é un fenómeno que se ubica na confluencia dunha serie de propiedades e funcións:


  • Ubicuidade e portabilidade (comunicación anywhere, anytime).
  • Converxencia de funcións, medios e linguaxes (metamedium).
  • Integración de modelos comunicativos (broadcasting, unicasting, multicasting, etc.).
  • Bi- e multidireccionalidade (consumo/producción de contenidos).
  • Contidos e servizos diseñados en función da localización.
A característica de ubicuidade e portabilidade dos propios dispositivos móbiles, levanos a distinguir dous tipos de comunicación básicas: sincrónica vs. asincrónica.

Comunicación sincrónica

Comunicación sincrónica. Definimos como sistema sincrónico, aquel que nos permite unha comunicación en tempo real entre os participantes da mesma. Como por exemplo: unha conversa telefónica, chat, videomensaxería e mensaxería breve, que ofrecen os distintos canles de comunicación a través das apps.

Comunicación asincrónica

Comunicación asincrónica. Trátase dunha comunicación en diferido, cando no hai coincidencia temporal, por exemplo: correo electrónico, blog, podcast, redes sociais, wikis e foros, cos cales traballaremos neste módulo, dende un punto de vista da oralidade.

Vantaxes e desvantaxes da m-Comunicación

Vantaxes:

  • As interaccións e conversas poden ser almacenadas e recuperadas nos dispositivos móbiles
  • Facilitan a comunicación intercultural
  • A facilidade de uso implica máis comunicación e flexibilidade.

Desvantaxes:

  • Falta de expresión físicas, por falla de interacción persoal, de ahí a proliferación dos emoticonos.
  • Tecnoloxía imperfecta: dificultade no uso pola lentitude das conexións ou sistemas.
  • Problemas sincrónicos: nalgún momentos non é doado seguir o fío ou thread da conversa.

Comunicación, colaboración e escoita activa

Neste módulo traballaremos a discusión ou debate con dous tipos de interacción fundamentais dende un punto de vista educativo:

  1. Audioforo. Canle moi importante dende un punto de vista didáctico de traballo colaborativo.
  2. Videomensaxería coas súas aplicacións educativas.
Para empregar estes canles dende a comunicación oral, practicaremos por suposto a escoita activa para unha comunicación eficaz, basándonos nun aspecto organizacional no propio traballo en equipo ou colaborativo.

Para saber máis

Aplicaciones educativas de la videoconferencia. Entrevista con Víctor Sánchez
Big image