Unit 5. Doing something different
1º ESO. Segundo trimestre
Introdución e contextualización
Esta unidade, que se traballará no segundo trimestre, presenta a música, así como varios temas relacionados coa mesma, ademais de diferentes alternativas de ocio en países de fala inglesa, proporcionando o marco ideal para tratar aspectos sociolingüísticos e socioculturais que, entre outras cousas, permiten achegar aos/as estudantes a aspectos culturais visibles, próximos aos seus intereses e costumes, valores e actitudes relacionados con aspectos e contextos propios da súa idade. Así mesmo, identificaranse algunhas similitudes e diferenzas significativas entre o noso país e os países nos que se fala a lingua estranxeira estudada.
Contribuirá a desenrolar en maior ou menor medida as sete competencias recollidas na lei: Comunicación lingüística, Competencia matemática e competencias básicas en ciencia e tecnoloxía, Competencia dixital, Aprender a aprender, Competencias sociais e cívicas, Sentido da iniciativa e espírito emprendedor e Conciencia e expresións culturais.
Obxectivos da unidade
VOCABULARIO
§ Música
§ Estilos musicais
§ Instrumentos musicais
§ Equipamento de aventura
GRAMÁTICA
§ Present continuous
§ Present continuous e present simple
§ Verbos de acción
SPEAKING
§ Chamadas telefónicas
LISTENING
§ Chamadas telefónicas
READING
§ A young photographer
§ Descrición de estilos musicais
WRITING
§ Descrición dunha fotografía sobre o seu hobby favorito
ASPECTOS CULTURAIS
§ Vídeo sobre unha expedición para recadar fondos en Sudáfrica
Contidos
Atención á diversidade
A diversidade de exercicios e actividades utilizados no material do curso fai posible que todos os alumnos atopen algún que se adapte ao seu estilo de aprendizaxe, grazas as diferentes posibilidades de acceder a un mesmo contido.
Proporánse tamén actividades deliberadamente sinxelas que garantan que todos os alumnos poidan realizar algunha actividade con éxito, o cal contribuirá a aumentar a confianza dos alumnos con ritmos de aprendizaxe máis lentos.
Aparte do libro de texto, empregarase material fotocopiable de natureza diversa (recursos online, gramáticas) e subiranse ao blog da docente tanto exercicios interactivos de reforzo como de ampliación, para que tódolos alumnos poidan acadar os obxectivos e mellorar os seus coñecementos lingüísticos e culturais.
Metodoloxía
No proceso de ensino-aprendizaxe da lingua estranxeira, os estudantes presentan diferentes capacidades, diferentes niveis de competencia comunicativa e diferentes intereses. Consecuentemente, non se empregará un enfoque metodolóxico único, senón un enfoque ecléctico co que se intentará motivar aos alumnos e dar resposta á gran diversidade das aulas.
Mediante este enfoque ecléctico, a docente intentará formular estratexias metodolóxicas que propicien a adquisición da lingua estranxeira, empregando os enfoques que mellor se axeiten ás necesidades e características dos seus grupos e estudantes.
Incluirá un enfoque comunicativo, aprendizaxe por proxectos, aprendizaxe cooperativa e ensino integral da lingua.
A docente terá varios papeis: analizar as necesidades dos estudantes, crear situacións comunicativas, organizar actividades, asesorar aos alumnos, participar como un compañeiro máis, observar en silencio o desenvolvemento das tarefas, fomentar a cooperación entre os alumnos, etc.
Finalmente, o ensino da lingua estranxeira debe de estar orientado en todo momento a desenvolver as no alumno as capacidades que conduzan a Educación Permanente (Lifelong Learning), de maneira que a aprendizaxe da lingua estranxeira non remate coa educación académica, senón que se desenvolva en outras areas da vida dos alumnos e se prolongue ao longo do tempo. Deste xeito, o ensino da lingua estranxeira deberá proporcionarlles aos estudantes as técnicas, estratexias e habilidades necesarias para poder aprender a lingua estranxeira pola súa conta, en entornos que non sexan puramente académicos, e ao longo das súas vidas.
Tentarase que os alumnos se responsabilicen da súa propia aprendizaxe e se sintan en control do proceso, emocionándose coa idea de que ese proceso de mellora pode estenderse ao longo da vida e que está nas súas mans.
Avaliación
A avaliación realizarase de xeito continuo, de maneira que nesta unidade se incluirán contidos tratados anteriormente, posto que na aprendizaxe da lingua estranxeira o alumno deberá por constantemente en xogo os coñecementos adquiridos. Avaliarase o interese do estudante, a súa actitude, o esforzo e a participación activa na aula, ademais do traballo diario, tanto dentro da aula como as tarefas o que o alumno deberá realizar na casa. Daráselle especial importancia ao comportamento dos alumnos de cara aos outros compañeiros e ao profesor. A reiterada falta de material, así como a falta de entrega das tarefas asignadas para realizar dentro e fóra da aula terán repercusións negativas na súa calificación.
Ao final desta unidade combinaranse dous tipos de avaliación:
- Formativa
· Observación do traballo de clase para avaliar tanto o progreso individual como colectivo
· Exercicios do Workbook
· Traballo das catro destrezas: exercicios de reading, writing, speaking e listening
- Sumativa
· Proxecto basado na búsqueda de información sobre un compositor e as súas obras, realización dun traballo en grupo e posterior exposición ante o resto da clase
Materiais e recursos
O libro de texto e o caderno de exercicios que se empregarán en primeiro da ESO será Spectrum 1, Student’s Book, e Spectrum 1, Workbook, da editorial Oxford University Press.
Ademais, utilizaranse materiais audiovisuais de natureza diversa e as TIC e os recursos que internet fornece: blogs, dicionarios online, wikis, chats, webquests, etc.
Temporalización
Esta unidade está pensada para levarse a cabo en 11 sesións de 45 minutos, é dicir, tres semanas e media de clase, no segundo trimestre do curso académico 2015-2016.