imaginary

Unha mirada matemática

RSME-IMAGINARY

  • Un grupo de alumnado de 4º ESO y 1º BAC visitou as instalacións de IMAGINARY e o CESGA

  • RSME-IMAGINARY é unha exposición organizada pola Real Sociedad Matemática Española (RSME) con ocasión do seu centenario en 2011. É unha adaptación da exposición IMAGINARY, ideada e desenvolvida polo instituto alemán “Mathematisches Forschungsinstitut Oberwolfach”, e froito da participación internacional de matemáticos e artistas.


O seu leitmotiv é a imaxe como lugar de encontro entre a realidade imaxinada e a visualización concreta dos obxectos matemáticos abstractos.


Trátase dunha exposición visual e interactiva, na que se poden atopar imaxes, pantallas táctiles, esculturas e obxectos de natureza matemática. A mostra ten un dobre carácter: cultural e divulgativo; nela pódese apreciar que Matemáticas e Realidade, Matemáticas e Arte, están en estreita conexión.

Que é IMAGINARY Santiago?


11-11-2011 IMAGINARY: Una mirada matemática.

O CESGA

Despois da visita a IMAGINARY, o alumnado foi recibido por persoal do CESGA onde asistiron a unha charla para recibir información dos diferentes proxectos e liñas de investigación.

A VISITA DO ALUMNADO ÁS INSTALACIÓNS DE IMAGINARY E DO CESGA

IMAGINARY
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA