Mélodimaginaire
...e as galettes bretonnes
- O pasado mércores 12 de febreiro, o alumnado de 4 ESOA e 1 BAC A, pertencentes á Sección Bilingüe, desprazáronse a Vigo acompañados polos profesores Mar Villaverde, Nolwenn Le Goff e Carlos Parga para se deleitar coa obra Mélodimaginaire da Compagnie L'herbe d'Or. Esta actividade foi organizada pola Alianza Francesa no Auditorio do Concello de Vigo.
- A obra poderíase resumir nunha sucesión de catro historias independentes e caracterizadas por un gran senso do humor, interpretadas por un único actor, Frédéric Bourgouin. As continuas apelacións ao público fixeron da súa representación algo moi fresco e cheo de chispa. Ademais o espectáculo contou tamén con divertidas partes musicais pois o alumnado levaba aprendidas as cancións "Pas toi" de Jean-Jacques Goldman e "Aline" de Christophe.
- A saída non podia rematar doutro xeito que coa degustación dunhas auténticas e inesquecibles galettes bretonnes na Crêperie bretonne “Annaick”.Seguro que voltamos pola nosa conta porque estaban boísimas! (E ademais non teñen gluten)
Así pois , despedímonos á francesa:
Au revoir!
Texto: Lucía Martínez Sánchez-Gabriel
Imaxes: Eva Murio Moure
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014
Jean-Jacques Goldman - Pas Toi
Canción "Aline" de Christophe (lyrics/sous-titres/paroles... on screen)