PRIMEIRA GUERRA MUNDIAL

CONSECUENCIAS

DEMOGRÁFICAS

O número de baixas que houbo foi moi elevado: máis de catro millóns entre as potencias centrais e uns cinco millóns entre as aliadas;entre esas baixas houbo un importante número de vítimas civís. A isto hai que engadirlle o gran número de persoas feridas.

A maior parte das perdas producíronse entre os homes, dando lugar a unha elevada poboación feminina. O sistema produtivo viuse condicionado polo descenso da natalidade e o envellecemento da poboación.A mortalidade sufriu un notable incremento debido á escasa alimentación e á pésima sanidade. Os gobernos víronse desbordados por innumerables orfos.

ECONÓMICAS

Francia e Bélxica foron os países máis afectados xa que as loitas máis violentas tiveron lugar nos seus territorios. Igualmente foron castigadas duramente Rusia e a rexión fronteiriza entre Italia e Austria.

Os campos de cultivo, a rede de ferrocarrís, pontes, estradas, portos e outras infraestruturas foron devastados. Perdéronse barcos, fábricas, maquinaria. Numerosas cidades e pobos foron arrasados total ou parcialmente.

A riqueza dos estados sufriu un dramático descenso mais, Estados Unidos viuse menos afectado polo cal a súa economía colocouse á cabeza do mundo.Foi necesario reconverter as industrias que estiveran destinadas durante anos á produción de guerra. A "economía de guerra" dislocou o sistema produtivo e eliminou da política económica os principios do liberalismo. A tendencia consolidouse durante a posguerra froito das políticas dos gobernos de esquerda, especialmente os socialdemócratas.

Non obstante houbo países aos que a guerra beneficiou economicamente. En primeiro lugar aqueles que permaneceran neutrais durante o conflito e se converteran en provedores de materias primas e alimentos para os contendentes, casos de Brasil, Arxentina e España.

Pero fundamentalmente a guerra consolidou o crecemento de dúas grandes potencias: Estados Unidos e Xapón cuxo comercio experimentou un aumentos grazas ás potencias tradicionais de Europa, que perderan os seus mercados exteriores e viran como a súa economía diminuía.

Estados Unidos prestou importantes cantidades de diñeiro aos aliados e subministroulles abundante material bélico, bens de equipo e víveres.

SOCIAIS

A incorporación da muller ao sistema produtivo durante o conflito rompeu o monopolio que ata entón exerceran nel os homes, alterando con iso os esquemas tradicionais de desenvolvemento do capitalismo.

As clases medias saíron empobrecidas do conflito, en tanto que xurdiron novas fortunas relacionadas coa produción de armas e a especulación de víveres. As masas obreiras sufriron unha importante perda do poder adquisitivo dos seus salarios e foron protagonistas dunha intensa axitación laboral, que deron lugar á revolucion boxelvique en Rusia.

Un país especialmente sensible á crise e á axitación social foi Alemaña, obrigada tras os tratados de paz a indemnizar os vencedores con inxentes sumas de diñeiro.

POLÍTICAS

Os catro imperios existentes antes do final do conflito (Austria-Hungría, Alemaña, Turquía e Rusia) desapareceron coas súas correspondentes casas reinantes, dando lugar a repúblicas. A revolución bolxevique, acaecida durante guerra, marcaría un fito na historia da humanidade por ser a primeira que deu como resultado o nacemento dun estado comunista, que xogaría un papel determinante na historia do século XX.

Os antigos imperios Austro-Húngaro, Turco e Rusia sufriron grandes perdas territoriais, de onde xurdiron novos estados: Finlandia, Estonia, Letonia, Lituania, Polonia, Iugoslavia, Checoslovaquia e Hungría.

Alemaña perdeu Alsacia e Lorena, que pasaron a mans francesas, así como todos os seus territorios ultramarinos.


Tras a firma da Paz de París(1919) asináronse outros tratados coma o de Versalles.

Este foi un tratado de paz asinado polas potencias europeas que puxo fin oficialmente á Primeira Guerra Mundial, despois de seis meses de negociación, na cidade de París. O Tratado de Versalles foi asinado como continuación ao armisticio de novembro de 1918, en Compiègne, que había posto fin aos enfrontamentos.

O principal punto do Tratado de Versalles determinaba que Alemaña aceptaría todas as responsabilidades por causar a Gran Guerra e que sobre os términos dos artículos 231-247, fixaba a indemnización de guerra para as potencias vencedoras.Estas eran:



  • Pagos de reparacións aos países vencedores
  • Desmilitarización do Rhin paracrear zona de seguridade francesa
  • Redución do seu exército a 100.000 homes
  • Cesión de territorios, por un total do 13'5%
  • Perda de tódalas súas colonias
Big image
Hitler: el Reinado del Mal. Tratado de Versalles

IDEOLÓXICAS

A sociedade da posguerra foi presa dunha profunda crise de conciencia. As secuelas do conflito levaron ao cuestionamento dos modelos político, social e económico imperantes dende inicios do século XX. O imperialismo foi dubidado polos pobos colonizados que, servíndose dun incipiente nacionalismo, comezaron a reivindicar a independencia respecto ás súas metrópoles.

Xurdiu un peculiar tipo social: o do inadaptado á paz e nostálxico da guerra, que constituíu o soporte de movementos nacionalistas revanchistas e radicais que progresaron durante o período de entreguerras. Moitos ex-combatentes quedaron excluídos da vida laboral e foron presa dun profundo desánimo ao considerar que a sociedade os excluíra sen o recoñecemento do seu esforzo e sacrificio.


A perda de valores humanistas reflectiuse na arte, a literatura e a música e serviu de pulo a movementos como o expresionismo e o surrealismo.

O MUNDO DESPOIS DA GRAN GUERRA

1. El Mundo después de la Gran Guerra