SEMANA BRANCA EN ANDORRA
Alumnado ciclo TSAAFD
Do sábado 19 ao 26 de xaneiro deste ano o alumnado do ciclo TSAAFD participou na viaxe de formación denomidada Semana Branca en Andorra.
Estiveron dirixidos e acompañados polos profesores Eladio Otero López, Francisco Pérez Carral e Xosé Luís Janeiro Espiñeira.
Os alumnos e alumnas do Sánchez Cantón realizaron diversas tarefas programadas polo profesorado acompañante e demais equipo avaliador do Ciclo TSAAFD co fin de adquiriren capacitación nos eidos da planificación, execución e avaliación de actividades de dinamización de grupos no medio natural.
Ademais de iniciarse ou perfeccionar a práctica do esquí alpino na estación Gran Valira, houbo ocasión de facer unha práctica de patinaxe sobre xeo no Palau de Xel de Canillo e de visitar o centro termolúdico de Caldea.
Sen dúbida, esta saída formativa complementa axeitadamente unha sólida formación teórica que o alumnado do ciclo TSAAFD ten acreditado na súa inserción no mercado laboral ou na posterior formación universitaria.

Andorra. Semana blanca 2012-2013.TSAAFAD