Neitanaque
Caminamos contigo
- Foi moi interesante escoitar hoxe na biblioteca a Sabela González, unha antiga alumna do TSAAFD, explicar a súa experiencia na ONG Neitanaque que opera en Peru desde 2012.
- Sabela é cofundadora de Neitanaque onde,, entre outras funcións,, tamén se fai cargo da organización das actividades deportivas e de lecer.
- Neitanaque é unha organización sen ánimo de lucro, que nace en 2012 a raíz dunha idea de dúas persoas que fixeron un voluntariado nun albergue estudiantil na selva de Perú. Ao ver que todos estes lugares necesitan axuda e apoio, nace a idea de crear unha Ong en España, desde onde poder enviar axudas económicas mensuais
- Neitanaque é unha palabra Machiguenga, Os machiguenga ou matsiguenga son unha etnia que habita porcións da amazonía peruana ao sureste do Perú, entre os departamentos do Cuzco e de Nai de Deus, nas cuencas dos ríos Urubamba, Picha, Camisea, Timpía e Manu. Falan o idioma machiguenga que forma parte das linguas da familia arahuaca.
Neitanaque significa Camiñar.
- Invitámosvos a visitar a súa páxina web onde se pode acceder a unha completa e moi ben organizada información sobre as actividades que este grupo de persoas leva a cabo
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014