exporecerca
Carlos de Frias Polo e José Rodríguez Gago.
Acadaron o Premio CSIC
- Consistente na financiación do proxecto, a estancia nun laboratorio do CSIC e un investigador titor.
E tamén un 3º premio
Cnsistente en asistir a unha feira de ciencias en Milan (Italia) a gastos pagados en representación de diferentes asociacións de investigación.
José Rodríguez Gago (2º bach C) e Carlos de Frías (2º bach A) foron selecionados para participar na feira de ciencias máis importante de España, Exporecerca, que terá lugar os días 10, 11 e 12 de abril. Os alumnos estarán no Campus La Salle, Universitat Ramon Llull onde exporán o seu proxecto "Tratamento e prevención de enfermidades infecciosas mediante células dendríticas". A invitación a esta feira está motivada pola participación destes alumnos no certame Galiciencia celebrado en Ourense e logo de que o seu proxecto fose presentado aquí no centro dentro do certame da Feira das Ciencias organizado polo GNL.
IES SÁNCHEZ CANTÓN
CENTRO DE ENSINO PÚBLICO
PONTEVEDRA
Curso 2013-2014